Migos – Culture II

26/01/18 • Quality control

por | Feb 1, 2018 | Discos, Música | 0 comments

Van sendo horas de que sexamos honestos con algo: os famosos, celebrados, idolatrados, queridos Migos non son, nin foron (e, a este paso, nunca o serán) un bo grupo. Abusantes dos ad-libs, de produción trap academicamente preparada, sempre sen saírse das pautas sinaladas, acocháronse nun pedazo de comodidade comercial na que aproveitarse dun movemento previamente establecido. Sen sorpresas, os moi listos xa teñen featurings con artistas da altura de Calvin Harris e Frank Ocean, Nicki Minaj, Drake ou Gucci Maine, sendo Quavo a voz máis recoñecible e buscada entre eles.

Só o ano pasado, lanzaban o seu primeiro traballo dende que abrazaron a fama, Culture, e nel xa deixaban parte do que conto arriba demostrado, saíndo ao paso de maneira moi pouco heroica, e deixando aos ollos de todos un resultado, xa lonxe do paso, mediocre. Sen embargo, críticos de seriedade animaron a fama deste grupo, alimentando de maneira innecesaria un monstro con capacidade para volverse horriblemente insoportable. É así foi, e así chegou Culture II, entre necesarias críticas, sen necesidade de profundidade no debate, de homofobia. E, aínda con todo isto, crimes a ben darlles unha segunda oportunidade.

E así naceu esta necesaria review. Porque cremos necesario, unha vez máis, non recomendar un traballo de Migos. Por todo o comentado atrás, e porque durante hora e corenta e cinco minutos non aportará nada real ás vosas vidas. Culture II presenta unha gran cantidade de cancións intensamente repetitivas na produción, na que os artistas invitados divídense entre os que cren que a súa misión é participar no circo de Migos (como Drake ou Post Malone) e os que cren que o seu deber é salvar a Migos do inferno eterno (nop, só Gucci Mane).

Como moito, do traballo de Migos podemos destacar temas como Stir Fry, que conta coa necesaria liberación do estilo marcado grazas a Pharrell Williams, produtor e participante no tema, dándolle dende o comezo unha variedade agradecida e necesaria; e Made Man, que, sen irse do estilo predominante do álbum, funciona.

Non é aconsellable escoitar hora e corenta e cinco minutos de Migos. Nin aconsellable, nin necesarios. Migos non aportaron nada ao trap, e dubido moito que a estas alturas, tan asentados no trap comercial, vaia cambiar isto á larga. Como moito, seguiremos salvando temas soltos.

Migos