Select Page

Nacho Casado – Verão

26/01/18 • Hidden Track Records

por | Xan 31, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Como recomendación persoal, diríavos que escoitarades este disco cun paquete de panos preto, porque resulta bastante difícil aguantar as ganas de chorar tendo en conta a sensibilidade e sinxeleza coa que Nacho Casado decidiu facer este disco. Unha tímida e aguda guitarra, tal vez un piano, e non creades que o resultado está preto da simpleza.

Primeiro mostra de mestría neste aspecto, Luna. Tranquila, sentimental, crea na súa simpleza estilística un perfecto acompañamento para as palabras de morriña de Nacho. Repetida esta sensación, de novo, e incluso cun toque máis escuro, en Adiós Tristeza, onde Nacho Casado canta unha desesperadamente tranquila canción sobre despedirse dunha sensación de pena, cunha sensibilidade auténtica.

Tú & Yo débese destacar como a mellor canción do álbum. A repetitiva guitarra e a case en murmurios,  e simplemente repetindo o título do tema crea aquí unha marabillosa situación romántica, chea de angustia, penuria, pero tamén felicidade. A forma de pronunciar a frase de Nacho axuda moito a crear esta situación.

Sen embargo, Verão peca un pouco de simplicidade, e se ben o produto facturado é decente, non chega a crear tanto amor en todas as cancións, sendo unha especie de intentos de ter creado algo mellor no intento, e facendo que a medida que o álbum se escoita máis veces non só perda gracia, senón que quede destinada a ser música de fondo.

Nacho Casado debuta en solitario, despois do seu paso en La Familia del Árbol. Adiantos como Chet Baker, que si que agora pasa a estar entre o montón do álbum, fixeron que as expectativas polo que Nacho ía sacar crecesen, máis o resultado cumpre bastante co esperado.

Nacho Casado