Select Page

Iglooghost – Neō Wax Bloom

29/09/17 • Brainfeeder

por | Xan 31, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

É unha sorpresa ler a Iglooghost naquela ronda de preguntas na que respondía que en realidade non presta demasiada atención aos videoxogos, xa que todo o seu proxecto musical parece influenciarse por experiencias destas tardes e noites de troula no salón cos colegas. Pero o caso é que efectivamente, na súa música podense trazar líneas entre o que é Katamari Damacy -un entroido desenfadado-, Animal Crossing coas súas bandas sonoras campestres e apacibles, e finalmente tamen dende a tralla hiperestimulante dos bullet-hell no Touhou.

Con isto, Iglooghost, e especialmente con este primer LP ‘Neō Wax Bloom’, conforma un ecosistema que vai maís alá da produción musical: a estética visual, os elementos conceptuais e a narrativa implícita serven de soporte ás sons que fan do proxecto unha experiencia no que se pode un sentir partícipe dalgún xogo xaponés extraño e inescrutable.

As cancións deste álbum, tituladas cos nomes dos ataques que realizan as persoaxes da carátula, son un crisol de sons e ritmos multiformes: un constante aceleramento e retroceso inocuo que mantén unhas melodías espirais plegadas sobre si mesmas ata a quintaesencia da épica ‘Bug Thief’. Dentro do caos provocado, a parte híbrida do asunto conforma á influencia do bebop jazz con ‘Super Ink Burst’ e duns versos rap modulados polo propio produtor irlandés, transformándoos nunha textura máis do corpo musical.

A sobreestrimulación leva ata un agotamento, como se fóra unha actividade dun pequeno xardín de insectos: unha colmea de avellas vése traballando de primeiras cun ritmo aleatorio pero se con unha lupa botáramos un vistazo revelaríase unha orde meticulosa e multitudinaria acompañada por cada son que a conforman. O interludio ‘Purity Shards’ e a balada ‘Infinite Mint’ (xunto coa cantante xaponesa Cuushe) funcionan con pausas necesarias; unha pequena fonte de pedra onde repoñer enerxías antes de voltar ao traballo.

Igooghost atopou neste album un son tan especial e idiosincrático que corre o resgo de quedarse atrapado dentro da súa propia excentricidade. Neō Wax Bloom, en definitiva, podería mostrar o pop do futuro no que todas convertímonos en mascotas dixitais dalgunha multinacional electrónica: a viaxe dun baile tan rápido no que non somos quen de distinguir se é placenteira ou terrorífica.

Iglooghost