por | Xan 31, 2018 | Novas, Sociedade | 0 comments

A oferta cultural galega logra o sexto posto estatal en calidade e innovación

A Fundación Contemporánea deu a coñecer onte os resultados do seu Observatorio da Cultura que recolle os datos correspondentes a 2017. Un observatorio no que participaron 362 profesionais, valorando a actividade cultural de comunidades e cidades, así como as súas institucións e acontecementos máis destacados.

Segundo o documento La Cultura en España 2017, Galicia ocupa o sexto posto estatal en calidade e innovación do súa oferta cultural. Por cidades, A Coruña sube un posto e fica como número 11, mentres Compostela retrocede 4 lugares e pasa ao 15. Vigo mantense no 21 e é a outra urbe galega presente entre as primeiras 30 máis valoradas neste ámbito.

Dentro da listaxe galega, saliéntanse o Culturgal e Cineuropa, seguidos de grandes proxectos como Festival Noroeste, Festival Sinsal, Resurrection Fest e Teatro Rosalía de Castro. Tras eles, o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, CGAC, Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, a Cidade da Cultura, Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, Curtocircuíto, DIDAC, (S8) Mostra de Cinema Periférico e as Xornadas de Música Contemporánea de Santiago.

Ranking do mellor do ano en Galicia do Observatorio da Cultura

O que é apreciable é que o eido cultural do noso país ten moito que ofrecer.