Maryland – Resplandor

26/01/18 • Subterfuge Records

por | Xan 30, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Non resulta difícil de escoitar o novo de Maryland. Máis ben, o contrario. É sinxelo de pasar por el, sen aburrirnos demasiado, máis en todo momento sen namorar. Como falta de algo. Como se a emotividade que poñen non fose suficiente. Como se as ganas que debería ter a canción non fosen postas. Como se as guitarras, en lugar de querer contar unha historia, quixeran saír do paso da mellor maneira posible.

En xeral, a sensación que produce todo o disco é unha falta de rumbo, na que nada parece encaixar de verdade, ata con desgana. Un pouco, ademáis, é a sensación que conseguí producirme cando tiven que poñerme a escribir isto. Non crea ningún tipo de misterio ao seu redor, nin consegue evocar emociones en practicamente ningún momento. Tal vez, Arde, sexa o máis salvable do álbum.

Cometas y Estrellas trae unha melancolía e tristeza, ou iso debería ser a súa intención. Paréceme o máis claro exemplo do álbum á hora de fallar creando sentimentos. Crea unha sensación de monotonía e un entretemento enganoso, tendo un resultado tal vez demasiado rancio. Pasa o mesmo pouco despois, en Tranquilidad (Parte 2).

Non podo destacar moito en esencial doutras cancións. De gran similaridade entre elas, algo falla. E si, hai discos nos que a repetición dos elementos funciona, creando algo bonito, máis a falta de dirección inicial non consegue xogar con isto ao seu favor, senón ao contrario. Felina, tal vez, chegue nun momento de ruptura co establecido nas anteriores cancións. Isto, favorablemente para Maryland, consegue destacar dita canción.

En resumo, se ben agradecemos que poidamos facer reviews a grupos do noso país, tentamos por todos os medios ser sinceros cas notas. Aquí, tamén. Resplandor, de Maryland, non consegue brillar.

Maryland