Oh! Ayatollah – Volve a canción protesta

22/01/17 • Autoeditado

por | Xan 29, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Faime especial ilusión facer a review deste álbum. Porque, non sei, é algo que levábamos tempo esperando. De feito, marcamos o debut de Oh! Ayatollah como un dos 10 discos que máis ganas tiñamos de escoitar este 2018. E o adianto, Volve a canción protesta, xa estaba mencionado alí como un dos temas máis guais que escoitaramos a finais do ano pasado. Tiña un aura de felicidade triste que nos encantara, e dito encanto mantense en gran parte deste disco.

Empezando con Pablo Callejo, xa sabemos por onde irán os tiros do albume. Non imos querer descansar, imos querer lanzarnos a saltar cada segundo que pase. O final da canción prepara ese primeiro estalido que imos vivir e que nos vai chamar aos pogos nos seus directos, coma o de este 2 de febreiro. Sen ser o mellor tema do disco, empeza a movernos.

Xusto despois desta, ven unha das cancións máis especiais do álbum, Animal. Ritmo moito máis tranquilo no comezo da canción, creando una expectativa que vai subindo a medida que avanza o tema. Chegados aos “Eu son un animal, son un porco, e a veces son un can / Segue a festa e eu coa gorxa desfeita e son as tantas da mañá/a xente está contenta a xente está desperta que é o peor que podía pasar?”, levándonos directamente a eses momentos. O ritmo ás veces canso, como estaríamos tras bailar e cantar toda a noite, pero á vez movido, como querendo seguir coa festa. Outra vez, esa aura especial que captabamos, está aí aínda.

Venganza volve ser unha canción atrevida. Durante sete minutos, a preparación da vinganza vaise creando no tema, estalando cerca do final toda esa calma acumulada, explotando e liberando toda esa rabia acumulada durante o resto de canción.

Volve a funcionar moi ben a combinación música e letra en Familia Política, onde un ritmo animado únese á perfección coa letra na que ese “Sempre a hostias, pero ó final, sodes todos como irmáns” invítanos a conformarnos con non entender moi ben como funciona o asunto da familia e as amizades, senón a vivir felices con elo.

Pola necesidade de explicar algún pero, a verdade é que estas unións anteriormente comentadas non están no resto do albume, non conseguindo esa aura, e creando un resultado máis básico, e sen definirse entre o garage e o pop no que non se logra destacar. Así e todo, Oh! Ayatollah cumpriron, e trouxeron un disco bastante completo no que podemos acocharnos a escoitar con tranquilidade e felicidade.

Oh! Ayatollah