por | Xan 29, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Merecen unha escoita 2: Bahamas, Porches, Shopping, Justine Skye, Overgrounz.

Brushfire

Bahamas – Earthtones

Con son típico entre o R&B alternativo actual e son oitenteiro de funk e disco, Bahamas consegue un resultado case hipnótico nun disco no que quedan demasiadas cousas fora do caldeiro, indo ao demasiado seguro e clásico na realización do albume.

Domino

Porches – The House

En 2016, Porches lanzaba Pool, converténdoo nun dos discos de synthpop máis logrados daquel ano. The House chega dous anos despois, e quizás un ano de espera máis non tería estado mal. Resulta entretido, e moito, tendo dentro os seus bailes, pero podería ter conseguido un resultado final máis elaborado.

FatCat Records

Shopping – The Official Body

The Official Body é o terceiro longo do grupo de post-punk Shopping. Non tan sólido como os anteriores, e sen chegar a ser un mal albume non consegue chegar á altura de discos novos do mesmo estilo como poden ser o de Idles, Protomartyr ou, este mesmo ano, Shame, sendo de corte moito máis clásica que os últimos. Se vos gustan as liñas de guitarras e baixos repetitivas pero en plan ben, en plan clásico, en plan punk, The Hype é o voso tema do día.

Republic,/Roc Nation

Justine Skye – Ultraviolet

Non, Justine Skye non trae nada novo ao R&B, copiando moito do xa creado, nun son con bases estándar do estilo. Fixérono antes outras, si, pero o que si consegue un resultado sinxelo no que recolle tópicos e os adapta, facendo un disquiño de media hora sinxelo de escoitar.

Overgrounz – DADDY WEDDING ROAD X3

DADDY WEDDING ROAD X3 supón unha revisión de Overgroundz de temas antigos seus en modo instrumental, conseguindo un son moderno e elaborado co que pasar un momento de gran enriquecemento. Sempre se agradece un traballo así!