HOLY – All These Worlds Are Yours

26/01/18 • Subterfuge Records

por | Xan 29, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Hai discos que funcionan como unha colección de cancións mentres que outros funcionan máis ben como un todo, como unha experiencia completa que requiere ser escoitada de principio a fin. Algúns poucos son capaces de lograr funcionar das dúas maneiras ao mesmo tempo. All These Worlds Are Yours de HOLY abraza os estilos da psicodelia e do pop, mais de algunha maneira rexeita por completo as estruturas tradicionais das cancións de pop de radio de tres minutos. O novo de HOLY é definitivamente un disco que temos que escitar enteiro.

É evidente que hai cancións bastante clásicas no fondo das composicións que atopamos en este álbum, sen embargo a propia proposta de este traballo semella ser a deformación de estas pezas mediante a instrumentación, a repetición ou a produción. Night on Earth e And she breaks the day! A Clarity funcionan como un acertado combo de apertura. A primeira pista ven definida polo son denso que terá todo este disco e contén a parte máis estruturada de ambas mentres que a segunda consiste máis en unha pequena jam que da continuación ao final de Night on Earth. Ððð é un interludio para outro combo de cancións, en esta ocasión trátase de tres, incluídas na mesma pista.

Non chego a comprender de todo cal é o criterio que segue este disco á hora de separar pezas ou xuntalas en unha mesma pista, se é que segue un, sen embargo tamén son consciente de que en este disco esa é unha cuestión que ata certo punto poderiamos considerar menor ou casi insignificante.

A paleta de sons e de estilos é constante en todo o traballo e, xunto á duración das pistas, estas poden ser ata certo punto as súas maiores fortalezas e tamén as súas maiores debilidades. All These Worlds Are Yours pode ser un disco moi disfrutable para escoitar, por exemplo, nunha viaxe de tren cos auriculares e prestando atención á música. Mais é moi probable que en outros contextos nos que, se buscas desconectar ou simplemente ter música de fondo que resulte divertida para acompañar calquera outra actividade, este novo disco de HOLY pode converterse en unha escoita demasiado densa e ata certo punto agotadora. Sen embargo aínda que sexa por momentos como os da canción que da título ao disco ben merece darlle unha escoita.

HOLY