Dengue Dengue Dengue! – Son de los Diablos

26/01/18 • Enchufada

por | Xan 29, 2018 | Discos, Música | 0 comments

O revival da psicodelia dos últimos anos deulle unha nova vída á chicha, un estilo musical peruano que apareceu nos anos 60 e que fusiona ritmos tropicais como a cumbia con elmentos do rock psicodélico. Se ben podemos afirmar que a chicha segue sendo un grande desconocido para case todo o mundo, é evidente que nos últimos anos foi un xénero que comezou a gañarse un pequeno nome case a un nivel underground. Mesmo nos últimos anos puidemos escoitar algunhas de estas propostas musicais en directo por aquí preto como por exemplo o paso do grupo Sonido Gallo Negro polo festival galego Portamérica na edición do ano 2016.

Sen embargo aínda que a chicha para nós pode ser algo novo, hoxe en día comeza a ter un certo aire de revival, non deixa de ser un xénero que xurdiu fai xa medio século da fusión de unha das músicas máis novidosas do momento como era o rock psicodélico con elementos rítmicos da música tradicional do Perú. Dengue Dengue Dengue! non son un grupo de chicha, sen embargo a súa proposta está máis próxima a significar para o panorama musical de hoxe en día o que a chicha significou no seu momento.

Dengue Dengue Dengue! desenvolven ao longo dos case vinte minutos de este EP titulado Son de los Diablos unha mestura dos ritmos andinos coa música electrónica. É un punto de encontro para elementos de tradición e de vangarda. O compoñente frenético que caracteriza boa parte da electrónica bailable da música europea e norteamericana vese sustituída por ritmos máis pausados como podería ser o da cumbia, así mesmo a produción da percusión dota ao son de este traballo de un compoñente menos sintético.

No relacionado co elemento electrónico, este EP emprega técnicas que xa coñecemos como o sampleado ou os loops, o máis interesante é a confrontación de estes elementos xa existentes coa parte máis tradicional. Se ben é certo que o resultado final como tal pode non namorar ou resultar frío,  Son de los Diablos destaca sobre todo por ser unha proposta fresca e interesante, que explora territorios da música non transitados que non escoitaremos en ningún outro lugar.

Dengue Dengue Dengue!