O filme ‘Trinta lumes’ da galega Diana Toucedo será proxectado na Berlinale

A realizadora redondelá Diana Toucedo está de enhoraboa. Acabamos de coñecer que seu último filme, titulado Trinta lumes, ambientado nas terras do Courel, acaba de ser seleccionado polo Festival de Cine de Berlín, a Berlinale, para ser proxectado dentro da sección Panorama.

Esta noticia chéganos pouco despois de coñecer os premios á curtametraxe Matria no Sundance Film Festival e ao filme galego ‘Dhogs’, de Andrés Goteira, premiado en Sitges.