por | Xan 26, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Nils Frahm, Dengue Dengue Dengue!, ToteKing… Estas son as nosas seleccións desta semana.

Unha semana máis, chega o venres. Este 26 de xaneiro moitos novos discos estarán aí fora. Antes de nada, queremos recordar que aínda que non é habitual, o novo de Oh! Ayatollah non tivo que esperar ao venres para chegar aos nosos oídos, e o día 22 xa estaba connosco. O que si que non estaba era o disco dos vigueses Maryland, que se acaba de estrear. Outros discos que saíron ao mercado hoxe son os novos traballos de Migos, Calexico, Grises, Bigott, Django Django, Dream Wife, Craig David… Pero se temos que destacar tres, serían:

  1. ToteKing – Lebron. O salto do Tote a Sony comezou mal. Sendo honestos, El lado oscuro de Gandhi é unha baixona. Dende aí, a cousa foi remontando. Os adiantos eran prometedores, e agora é a hora de demostrar que non se trata dun álbum con catro temas soltos decentes. Nós, ardemos en desexo de porlle as máns enriba.
  2. Nils Frahm – All Melody. Falar de Nils Frahm é falar dunha das máis marabillosas mentes do IDM na actualidade. Que o alemán saque un novo traballo sempre é unha boa nova, e un anuncio dun dos claros contendentes ao disco do ano.
  3. Dengue Dengue Dengue! – Son de los Diablos. A cumbia está de moda. A cumbia peruana, de feito, fixo moito para que esta o estivera. Ese revival que recibíu fai nada a psicodelia deulles de rebote, e cada vez é moito máis común ver grupos que traballen este estilo. O que non é tan común é ver a alguén tentar alcanzar os límites da cumbia, como é o caso de Dengue Dengue Dengue! dende xa fai tempo. Este EP é sen dúbida do máis interesante que imos ver este ano.