Dark, negra sombra que te atrapa

Acabamos de comezar 2018 e si, xa é momento de poñernos un pouco nostalxicos co ano pasado. Concretamente con decembro. Ademais do Nadal, alcol por doquier, xogar a ser unha familia e esas cousas tan propias do mes de decembro, pasou algo máis. Saía á luz a primeira produción alemá de Netflix, Dark. Un thriller con temática de ciencia ficción moi dacordo coa aposta que a compañía de VOD (Video On Demand) está a facer coas producións locais alá onde chega para ser exportadas a nivel mundial.

Sempre é importante nestes casos non facer ningun spoiler pero podería dicirse que neste caso todavía o é máis. Isto débese á propia estrutura baseada sempre no misterio e na estimulación ao espectador de que pense por si mesmo, deixando miguiñas que se poden seguir para desentrañar pouco a pouco o misterio que se plantexa. Unido aos cliffhangers moi habituais no final de cada episodio, fan de Dark unha serie adictiva e óptima para maratones.

Ao longo dos dez capítulos -cunha duración entre corenta minutos e unha hora cada un- adentrarémonos en Winden, unha pequena localidade onde comezarán a pasar sucesos estranos (si, como outras tantas obras, Dark bebe directamente da primeira Twin Peaks) que comezan cando un grupo de mozos teñen unha aventura por un bosque. As comparacións con Stranger Things estaban servidas antes de comezar pero tranquilo todo o mundo. Esta obra é superior en todos os sentidos.

O primeiro que chama a atención é a buscada iluminación apagada cunha gama de cores grises que inunda todas as súas localizacións. Do mesmo xeito grisaceo, hai un pesimismo crónico que se pode ver na maioría de personaxes. Visualmente, tamén busca o contrastes e guiar ao espectador a través deles, como se exemplifica claramente no chubasqueiro de cor amarela que viste case sempre o protagonista. Jonas Kahnwald (Louis Hoffmann), un adolescente que volve a Winden tras uns meses nun psiquiátrico.

Tras ver soamente unhas poucas pinceladas do argumento pódese observar que o ton da obra é adulto. A historia, non nos vamos a enganar, ten unha certa barreira de entrada debido a súa complexidade. Esta é inducida en parte polo elemento das viaxes no tempo sobre a que bascula a trama engoblada na historia de catro familias. Non vou entrar en detalles pero está perfectamente resolta por un guión excelente que avanza lentamente para rematar por todo o alto. É máis meritorio se cabe tendo en conta que todo cadre dunha historia deste estilo. E vaia que se o conseguen. Todo cun final aberto que fai vislumbrar unha segunda tempada xa confirmada.

Non é unha serie de terror aínda que si que ás veces consigue dar medo. Máis ben inquietude. Entre a atmosfera xa comentada anteriormente, un tratamento da natureza que parece sacada dunha película do mellor Lars Von Trier e unha fantástica banda sonora excelentemente utilizada para este fin. Dark é unha experiencia as veces incluso agobiante. Vela a altas horas da noite mesmo pode provocar certa conxestión.

A nivel actoral, en xeral, as interpretacións son correctas. Persoalmente destacaría a Hermann Beyer, que interpreta a Helge Doppler como un vello que vive nun asilo e que padece demencia senil. Aínda como digo, a nivel actoral hai un bo nivel de xeito xeral. As relacións entre os personaxes son frías pero penso que é algo totalmente buscado.

Como conclusión, decir que Dark é a mellor serie nova de Netflix no 2017. Case dez horas de metraxe que merecen ser vistos. É un gusto que este tipo de plataformas aposten por contido de calidade que fuxe do convencional. Non sei se calificalo de obra mestra -para comezar porque nin eu mesmo sabería identificar as implicacións dese termo- pero disfrutei con perplexidade con cada minuto e cada plano número trinta e tres.

Dark


Director
: Jantje Friese, Baran bo Odar
Música: Ben Frost
Guión: Jantje Friese, Baran bo Odar, Martin Behnke, Ronny Schalk, Marc O. Seng
Fotografía: Nikolaus Summerer
Ano: 2017
País: Alemania

Wiedemann, Berg Television