tUnE-yArDs – I can feel you creep into my private life

19/01/18 • 4AD

por | Xan 24, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

I can feel you creep into my private life é o novo de tUnE-yArDs, o proxecto musical da estadounidense Merrill Garbus, acompañada xa de maneira oficial polo colaborador habitual Nate Brenner. Este é xa o cuarto disco lanzado por ambos, e nel continúase a proposta de pop, experimentación e fusión de estilos e músicas exóticas.

I can feel you creep into my private life é un disco con letras cargadas de mensaxes e reflexións sociais, que se ben non chegan a dicir nada que non escoitaramos antes resultan intelixentes en todo momento. Chama a atención que quizáis a principal influencia musical en este novo traballo é a da música disco, un xénero que rara vez se relaciona coa música discursiva, que conta con unha mensaxe tan marcada. O disco triunfa na súa aspiración de buscar ser unha obra entretida de escoitar e á cal se lle pode prestar atención ao mesmo tempo.

Dende a primeira canción titulada Heart Attack queda claro cal é o tono deste disco, os  veloces ritmos electrónicos e as liñas de baixo eléctrico de Nate Brenner serven como base para a voz de Merrill Garbus, que en este disco se atopa máis procesada e sampleada do habitual. A interpretación dos temas e enérxica e a alta presencia de elementos electrónicos e dixitais non ten como consecuencia que o son de este disco perda en ningún momento o aspecto humano da música de Merrill Garbus.

Sen embargo tamén cabe destacar certas cuestións, como as relacionadas coa instrumentación, a cal non varía moito ao longo das cancións, quitando a incorporación esporádica de un saxofón que funciona á perfección. Tampouco se debe obviar que no tocante aos elementos electrónicos tan presentes neste disco, a produción non destaca por ter un son completamente actual ou coidado. En definitiva, I can feel you creep into my private life é unha escoita interesante e entretida que se ben non explora novos territorios musicais ou temáticos consegue funcionar como unha colección de cancións sólida.

tUnE-yArDs