por | Xan 24, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

O novo de Charlotte Day Wilson chámase ‘Nothing New’

A cantante canadiana de Charlotte Day Wilson acaba de estrear o single de adianto do seu próximo traballo, o EP Stone Woman que saerá a luz o próximo día 23 de febreiro. Esta nova canción titulada Nothing New continúa a desenvolver o coidado e elegante estilo da artista de Toronto, caracterizado polos ritmos pausados e a mestura entre o art-pop e o rythm & blues máis actual. Dende logo esta canción deixounos con ganas de darlle unha escoita Stone Women tan pronto como poidamos.

Charlotte Day Wilson