Select Page

por | Xan 23, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Linda Guilala presentan Ausencia es Presencia, cara B do seu novo single Primavera Negra

Linda Guilala, grupo de shoegaze vigués saído das cinzas do mítico grupo de pop punk Juniper Moon, anunciaron mediante Elefant Records a saída do seu novo single, Primavera Negra, que continúa coa súa boa racha tras o seu excelente LP Psiconáutica (2016).

Primavera Negra foi gravada en Vigo, nos estudos Kaiju, correndo a produción a cargo de Eva M, cara visible e voz do grupo, e masterizada por Xavier Alarcón. Estará á venda dende o 26 de febreiro, así como nas plataformas dixitais. O single xa está dispoñible, así e todo, no bandcamp de Elefant Records, onde ademáis xa se pode pedir en pre-order.

Linda Guilala estarán este venres 2 de febreiro en A Coruña, xunto a Chico Azul, no Dublin Rock Café.

Linda Guilala