por | Xan 23, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Childish Gambino asinou contrato con RCA: Teremos nova música antes do previsto?

Childish Gambino, nome artístico do actor Donald Glover, coñecido por series como Atlanta e Community, ven de asinar, xunto á súa discográfica Wolf + Rothstein, un acordo con RCA Records para un novo álbum.

Childish Gambino, que actuará na cerimonia dos Grammy deste 2018, acadou fama entre a crítica tras o seu terceiro longo, “Awaken, My Love!” (2016), onde, tras anos xogando co hip hop sen bos resultados, alonxábase de dito estilo musical e adoptaba como seus o soul máis psicodélico e o funk, facendo un álbum sólido con temas tan memorables como Me and Your Mama ou Redbone.

Childish Gambino