Select Page

‘A forma da auga’ posiciónase como a favorita na carreira polos Oscar

Acabamos de coñecer as nominacións aos premios Oscar de este 2018 e xa queda claro que filme parte como gran favorito. A forma da auga de Guillermo del Toro conseguiu nominacións en ata 13 categorías, moi por enriba do seguinte filme en número de nominacións, Dunquerke, de Christopher Nolan, que está presente en 5 categorías menos que a película de del Toro.

Sorprende tamén que tanto Martin McDonagh como Steven Spielberg quedasen fora das nominacións a mellor dirección, especialmente no caso de McDonagh tras o éxito da crítica que resultou ser Tres anuncios nas aforas. Sen embargo atopamos entre os nomes que aparecen nesta categoría ao brillante director estadounidense Paul Thomas Anderson e a Greta Gerwig, que logrou ser a quinta muller nominada a mellor dirección na historia dos Oscar grazas a seu filme Lady Bird.

En este aspecto temos que destacar tamén a primeira nominación na historia para unha muller na categoría a mellor dirección de fotografía, que foi para Rachel Morrison polo seu traballo en Mudbound, que se disputará a estatuiña entre outros co xa veterano Roger Deakins, que realizou un traballo brillante en Blade Runner 2049.

Podes consultar a totalidade das nominacións a edición dos premios Oscar 2018 na cobertura en directo que fixemos en Twitter: