Select Page

por | Xan 22, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Unknown Mortal Orchestra están de volta: así soa American Guilt

Unknown Mortal Orchestra deixaron o seu último traballo xa en 2015. Chamábase Multi-Love, en referencia a unha relación poliamorosa do cantante Ruban Nielson. Nel, os UMO acercábanse a un ritmo máis pop sen perder de vista o seu estilo psicodélico. Tras iso, e xirar, acaban de dar os primeiros pasos para un novo álbum a través das súas redes sociais. Segundo informa Uncut Magazine, o nome deste novo álbum será Sex & Food.

Actualización 23/01/2018: UMO voltan ao grande. Novo single tras aqueles segundos que podíamos escoitar anteriormente. O novo chámase American Guilt, e resulta un pequeno retorno ás guitarras máis psicodélicas do grupo estadounidense.

Unknown Mortal Orchestra