Select Page

Jonny Greenwood – O fío invisible

12/01/18 • Nonesuch Records

Jonny Greenwood leva sendo unha figura fundamental dentro da banda Radiohead dende os seus comezos. Se hai dúas cousas que converteron a Creep en unha canción de éxito no ano 1993 foron a voz de Thom Yorke e a ruidosa e enormemente distorsionada guitarra coa que Jonny Greenwood prepara, mediante rasgueos fora de ritmo, a entrada ao retrouso do tema. A partir do disco Kid A, lanzado pola banda no ano 2000, a labor de Greenwood mudou considerablemente, prestando menos atención á guitarra e poñendo o foco de atención nos sintetizadores e os arreglos orquestrais.

Este último elemento é o que levou a Jonny Greenwood a dar o salto á composición de bandas sonoras no ano 2003. Máis sería no 2007 cando traballaría por primeira vez para un filme do aclamado director Paul Thomas Anderson, en concreto para o xenial drama de época There Will Be Blood protagonizado por Daniel Day-Lewis. Greenwood pasou a ser o compositor de referencia para Paul Thomas Anderson en todos os proxectos que realizou dende aquel momento en adiante, sendo Phantom Thread o máis recente de eles.

Se as bandas sonoras de Jonny Greenwood acostuman a caracterizarse por algo é pola experimentación tanto con elementos electrónicos, como coa fusión de xéneros musicais e pola composición de arreglos orquestrais que fuxen da música clásica e que se adentran máis nos territorios da vangarda. Sen embargo en Phantom Thread atopamos a un Jonny Greenwood menos radical, que busca a elegancia e a sutileza máis que en outros dos seus traballos previos. A instrumentación de este novo traballo consiste exclusivamente en orquestra e piano, e por momentos semella que algunhas das principais influencias poden moverse entre a música do romanticismo, certas melodías recordan as composicións Franz Schubert, ou os pianos impresionistas de Claude Debussy.

Tamén se aprecian influencias máis contemporáneas como pode ser a música minimalista de Steve Reich, a cal está moi presente na pista Sandalwood I, así como en certos momentos os arpexios dos piano e as orquestracións cristalinas fan pensar na canción Glass Eyes do último disco de Radiohead. Pode que Phantom Thread non sexa a banda sonora máis atrevida de Jonny Greenwood, pero isto non ven da man con que sexa de menos calidade. Con este novo traballo, Greenwood continúa a consolidarse como un dos compositores de música para o cine máis interesantes  e polifacéticos da actualidade.

Jonny Greenwood