Select Page

por | Xan 19, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Hickeys, tUnE-yArDs, First Aid Kid… Estas son as nosas seleccións desta semana.

Este 19 de xaneiro saen unha chea de discos dos cales nos gustaría falar, pero incluso antes diso, gustaríanos ter a oportunidade de escoitalos e que vos os escoitedes connosco. Entre outros coma o novo de Falsalarma, Porches, The Go! Team ou o novo EP de Belle & Sebastian, estes son os tres albumes que esperamos escoitar coma tolos:

  1. Hickeys – Diamond Munch. Dende Madrid, as Hickeys chegan cargadas do que elas mesmas lles gusta chamar glitter-punk. Polo de agora, o seu adianto Lights encantounos, e pensamos escoitalas ata a saciedade.
  2. tUnE-yArDs – I Can Feel You Creep Into My Private Life. Tras salvar o tipo con Look at Your Hands e namorar con Heart Attack, é hora de darlle a escoita completa ao novo traballo de Merrill Garbus, o primeiro dende o seu traballo Nikki Nack (2014).
  3. First Aid Kit – Ruins. Dende Suecia, as Söderberg traen o seu cuarto traballo profesional tras o máis que destacable Stay Gold (2014). Entre os adiantos, seguimos namorados de Fireworks. Agora esperamos namorarnos do traballo completo.