Select Page

por | Xan 18, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Yo La Tengo volven 3 anos despois: 4 novas cancións dun novo disco

Yo La Tengo, un dos grupos de indie rock mellor valorados da historia, volverán este ano cun novo disco baixo o brazo: There’s a Riot Going On. Como adianto, deixan hoxe catro cancións que xa están dispoñibles en streaming nas nosas plataformas dixitais favoritas: You Are Here, Shades of Blue, She May, She Might e Out of the Pool. O disco será auto-producido por eles, e a data de saída oficial será o 16 de marzo. Dende o 28 de abril, ademais, a súa xira levaraos por Europa, polo que non descartamos velo nalgún festival preto nosa.

There’s a Riot Going On será o segundo álbum auto-producido por Yo La Tengo dende o seu segundo álbum de estudo, New Wave Hot Dogs (1987).

Yo La Tengo