Select Page

Xoel López – Sueños y Pan

17/11/17 • Esmerarte

por | Xan 18, 2018 | Discos, Música | 2 Comentarios

A estas alturas Xoel López non precisa de ningunha presentación. Sueños y Pan é o 14º disco da súa carreira, o terceiro baixo o nome en solitario do músico coruñés, tras os lanzamentos previos Atlántico (2012) e Paramales (2015). Este novo disco foi gravado na cidade de Madrid e producido polo propio Xoel e máis Ángel Luján.

A primeira canción titulada Jaguarmarca un pouco a dinámica que continuará o resto do disco, caracterizado por contar con unha instrumentación variada, comezando dende as bases de percusión ata a inclusión puntual de gaitas ou de unha sección de ventos, como sucede na segunda pista titulada Cometa.

En Serpes, a canción máis longa do disco, Xoel canta en lingua galega e os sintetizadores gañan un maior peso, mais seu son peca quizais de ter un timbre demasiado plastificado. A canción remata con unha extensa coda conformada por un solo de unha guitarra distorsionada sobre unha base ambiental, que se ben resulta o momento máis atrevido instrumentalmente en todo o disco, no funciona axeitadamente como peche da canción. Balas quizáis resulte a canción máis redonda en todo o disco, as harmonías latinas do piano dotan á peza de unha personalidade que fai que destaque por enriba de outros cortes.

Sueños y Pan é un disco que semella buscar ser un dos coñecidos como discos de madurez mais fracasa ao resultar en un colección de cancións planas e con pouca profundidade. Isto débese principalmente a que tanto as letras como a interpretación vocal de Xoel non logran transmitir nin emoción nin enerxía, e os arranxos instrumentais propostos non logran solventar esta cuestión.

Sueños y Pan non é un disco molesto de escoitar, pero ao mesmo tempo non aporta nada ao oínte que lle decide prestar toda a súa atención. É unha peza que podería funcionar axeitadamente como unha música de fondo, non molesta, non chama a atención, mais a estas alturas da carreira dun músico como Xoel López cabería esperar moito máis

Xoel López