Select Page

por | Xan 18, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Ty Segall non se da un respiro: o seu novo álbum xa está en streaming

O novo álbum de Ty Segall, Freedom’s Goblin, sairá oficialmente o 26 de xaneiro, pero sabendo como é el, os seus fans están de noraboa: se non podiamos esperar, el tampouco. Mediante National Public Radio xa está dispoñible en streaming o álbum completo.

Ty Segall, nado en Palo Alto, é coñecido por ser un dos máis activos artistas de garage rock, sacando dende 2008 mínimo un álbum por ano, chegando aos tres álbumes en 2009 e 2012. O seu último traballo, Ty Segall (2017), tivo moi boa acollida deixando grandes temas como Warm Hands (Freedom Returned) ou Thank You Mr. K.

Ty Segall