Select Page

Miriam Rodríguez, de fan de Sés a finalista de Operación Triunfo

Indiscutible é o traballo, esforzo e progreso que tivo a de Pontedeume durante o concurso. Entrou na Academia de ‘OT 2017‘ sen ningunha dúbida do xurado na gala cero. Desde entón foi unha das concursantes que máis brilou enriba do escenario, protagonizando grandes números como I wanna dance with somebody ou What about us que lle permitiu conseguir o seu merecido posto na final. Joe Pérez-Orive calificou a súa actuación como “a mellor da noite”, mentres que Mónica Naranjo valorou o ben que o fixo durante todo o concurso sendo “a que máis difícil o tivo en referencia ao repertorio que lle tocou”.

O domingo pasado sorprendeunos interpretando unha canción de Sés durante un descanso na Academia. Non é a primeira vez que Miriam mostra a súa querenza por María Xosé Silvar xa que, nalguna ocasión, luciu a camiseta co lema “Non son fada”, título dunha das súas cancións. A eumesa cantou Tempestades de sal acompañada dunha guitarra, o que abriu a porta a moitos seguidores do programa ás composicións de Sés, sempre comprometidas e potentes.

Miriam non se dedica unicamente á música, senón que tamén é actriz. Antes de Operación Triunfo xa tivo a súa aparición na pequena pantalla en dous capítulos de Serramoura. Ela asegura que as dúas facetas, a de cantante e actriz, son complementarias e axúdanse unha a outra. Demostrouno hai unhas semanas cando os protagonistas de Paquita Salas acudían á Academia para dar unha clase de interpretación. Brays Efe ficou abraiado coa carisma e versatilidade da galega. Foi tal a impresión que confirmou que a partir de agora é, ademais de actor, guionista e director, o presidente do club de fans de Miriam.

A repercusión que está a ter a “leoa”, como a alcumaron os seus adeptos, é tan grande que as cadeas da competencia aprovéitanse do seu éxito no talent show para promocionar as súas series.

 

Miriam Rodríguez Gallego é a auténtica revelación de ‘OT 2017’:

  • Ten unha solvencia vocal incuestionable.
  • É a alumna máis traballadora. Ata que o número non está perfecto, ela non para.
  • É cantautora. Non olvidemos que a semente de “Camina” a sembrou ela. Trouxo as primeiras notas e palabras da canción, o primeiro boceto, preparado da casa.
  • É unha diva sobre o escenario. A leoa desta edición.

Gañe ou non gañe, quizais estemos ante a nova e incipiente ‘Queen M’.

Miriam Rodríguez