por | Xan 18, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Eels, tras catro anos de ausencia, volven con novo disco e un adianto

Eels é unha das bandas máis reputadas de indie rock que podemos recordar. Electro-Shock Blues (1998), Blinking Lights and Other Revelations (2005) ou Wonderful, Glorious (2013) seguen soando como os anxos para nós despois de tanto tempo. O último traballo deles saíra xa en 2014, e recibira o nome de The Cautionary Tales of Mark Oliver Everett, así como críticas mixtas e preguntas se a obra de Eels non se tería apresurado moito tras ter sacado disco tamén en 2013. Agora, catro anos despois, anuncian o seu regreso: The Deconstruction será o seu novo traballo, e verá a luz o 6 de abril baixo a discográfica do grupo, E Works, asociada con PIAS Recordings.

Como adianto a este novo disco, Eels publicaron xa o primeiro adianto, do mesmo nome que o disco. Nesta The Deconstruction participan na produción o propio E en asociación con Mickey Petralia, que xa traballara anteriormente co grupo en Electro-Shock Blues.

Eels