Select Page

Camila Cabello – Camila

12/01/18 • EPic Records/Syco Music/Sony Music

por | Xan 18, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Empecemos forte: Havana é un temazo incrible. Teno practicamente todo, incluído nese “todo” a featuring de Young Thug, vello coñecido do produtor Frank Dukes, facendo crecer a Camila nunha canción que combina o mellor do pop e o trap, cun ritmo latino que engancha e convence. Un éxito non só ben logrado, senón merecido. E empezando así de forte, o certo é que as expectativas no traballo completo de Camila eran non altas, senón o seguinte.

Camila, como ela, é o nome final do traballo longo debut da cubano-americana. Nel, os ritmos cubanos non están abandonados, así como tampouco o están os toques pop máis clásicos, rememorando en temas como Something’s Gotta Give ás producións do Melodrama de Lorde, e noutras outras sacando detalles de grandes do momento como poden ser Beyoncé, Carly Rae Jepsen ou Lana del Rey. E tal vez ese sexa o problema principal: a orixinalidade, salvo en determinados temas, brilla pola súa ausencia, e se ben non podemos negar que a produción é máis que correcta, o resultado final non convence tanto como Havana fixo, deixándonos un pouco fríos.

Un dos temas estrela do disco é, sen dúbida, a previa á que levo citando dous parágrafos: She Loves Control plantexa un ritmo cun bombo básico e funcional no que incitar ao baile ao que nos escoiten, cuns coros ben construídos e un ritmo moi marcado, facendo a posible mellor continuación ao estilo de Havalina que tanto levo pedindo nesta entrada. She Loves Control ten o ritmo máis bailable de todo o disco, e tamén é unha das que máis personalidade presenta.

A maior decepción, tal vez, sexa Inside Out. Nela, Camila tenta atraer o ritmo máis mainstream latino ás súas liñas, tentando crear unha especie de Despacito na súa liña pop, mais fallando estrepitosamente no intento. Non engancha, e chega a dar ata un pouco de vergoña allea. Metendo Despacito no lugar deste, faría crecer enteiros o álbum de Camila.

Camila Cabello fixo o que puido, pero as expectativas puideron con ela. Si, por suposto, un concerto dela ten que ser moi, moi divertido, máis o convencemento e o hype desvaneceuse practicamente por completo, e os seus próximos traballos non teñen a de convencernos para que ansiemos escoitalos igual que nos pasou con este traballo que, se ben é salvable, non remata de chegar aos nosos corazóns.

Camila Cabello