por | Xan 17, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Emilio José e os Indigenas únense ao cartaz do Melonafest #3

Hoxe confirmábase oficialmente a unión de Emilio José e os Indigenas ao cartaz do Melonafest #3, acompañando a Mounqup, V¡etnam, Cuchillo de Fuego, Dois e Nidia. O de Quins, sempre cargando de política as súas irreverentes letras e sen coñecer límites estilísticos musicais, ven de sacar tres mixtapes o ano pasado: Nativos Digitais, Viajar Agardê e Viajar Agardê 2, e os anos anteriores apareceron tamén Ilhas Virgens (2016) e o máis que incríble Agricultura Livre (2015), e esperamos ver material seu canto antes, mellor.

O Melonafest #3 terá lugar entre o 4 e 8 de abril en Santiago de Compostela, e as entradas xa están á venda na plataforma wegow.

Emilio José