Select Page

por | Xan 17, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Editors traerán nova música ao seu concerto en A Coruña

Os fans dos Editors están de nora boa: tres anos despois de In Dream (2015), este 9 de marzo voltarán a traer ás nosas bibliotecas musicais un novo traballo, o cal recibirá o nome de Violence. Como adianto e primeiro sinxelo oficial, os de Tom Smith estrearon onte Magazine, canción que conta coa colaboración na produción de Blanck Mass, membro de Fuck Buttons que ven de sacar o seu destacable World Eater (2017), dándolle un toque máis electrónico do que nos teñen acostumados e revitalizando un son que levaba certa decadencia dende, aproximadamente, The Weight of Your Love (2013), mesturando agora o son clásico dos Editors con pequenos detalles de electrónica dura.

Editors é unha das bandas máis míticas do post-punk revival dos anos 2000 en Gran Bretaña. O seu excelente debut, The Back Room (2004), deulles un dos nomes máis sonados da primeira década musical británica con razón. Tras repetir o éxito en calidade e crítica en An End Has a Start (2007), foron perdendo valoracións co paso dos anos. Magazine soa ben, e esperamos que o resultado final sexa á altura do esperado.

Os Editors estarán en A Coruña 0 23 de marzo na Sala Pelícano, a partir das 20:30. Entradas á venda en ticketea.

Editors