Select Page

por | Xan 17, 2018 | Cinema & TV, Series | 0 Comentarios

Autorreferencias e irregularidade na cuarta tempada de Black Mirror

Charlie Brooker antes de ser guionista e creador desta serie, foi xornalista e analista de videoxogos. E se é importante este dato é por que non podo entender que tras adicarte a traballar sobre o que é basicamente un novo arte dixital, crees unha serie que vai sobre o mal uso que lle damos a tecnoloxía. Hai quen sobre isto correctamente indica o propio título da serie, Espello escuro, case como indicando que nada do que presenta en cada capítulo está mal en si, se non que é a través de demais conductas humanas que acaban tendo un uso perverso. Pero entón basicamente está deixando caer que non somos dignos de ningunha tecnoloxía ata que un pouco deixemos de ser humanos, así que a esperar miles de anos de evolución para que podamos utilizar Internet, non? E se digo isto é por que a mensaxe da serie é o que máis me chirría, por que aparte ten moitos méritos, como que é das primeiras series que se me ocorren que foi consciente de que ía ser consumida maioritariamente a través de Internet, e facer un formato moi acorde a isto. E tamén se digo isto, é por que me alegra que esta tempada cambiara un pouco de mentalidade.

Tras o shock inicial que fora para todos que Netflix comprara a serie, chegou a tempada máis irregular. Si, tiña a San Junípero e Shut Up and Dance, pero tamén tiña Playtest e Men against fire. Esta tempada non é distinta nese sentido, segue tendo capítulos brillantes e capítulos tirando a mediocres, pero parece que todo netflixouse definitivamente, adaptouse o estilo visual de todas as produción da empresa estadounidense. Isto non é algo malo intrinsecamente, pero realmente hai un Black Mirror entre cando o distribuía Channel 4 e agora. Pero non sei se foi por parámetros exixidos desde arriba ou por que Charlie Brooker cambiou de mentalidade, que a serie parece ter madurado respecto o que era.

O primeiro capítulo, USS Callister, é para min o mellor da tempada porque representa todo isto. Conforme o estaba vendo esperaba o típico, un comentario criticando como os videoxogos e a ciencia ficción/fantasía fan que algúns evádanse de vidas nas que o pasan mal, pero nin máis lonxe. O capítulo pasa a falar da masculinidade no seu sentido máis tóxico, e como algúns utilizan os videoxogos como válvula de escape para ver realizadas as súas fantasías de dominación e poder nestes, rematando incluso sobre un nota positiva e alabando este medio. É case un meta-comentario sobre o Gamergate. É sobre o que se presupón que vai a serie: O lado escuro e o mal uso de algo marabilloso.

É por iso creo que o segundo capítulo, Arkangel, decepcionoume un pouco. Mal desde logo non está, pero volvemos a parodia sen ningunha sutileza, volvemos a criticar tecnoloxías claramente revolucionarias por estar en mans de xente que evidentemente ten trastornos obsesivos. E non, non nego que non existan pais que sobre-protexan os seus fillos ata invadir a súa intimidade, pero de verdade é culpa do aparato? Non sei. E un tanto do mesmo con Cocodrilo, que basicamente di que algo que podería axilizar calquera investigación criminal está mal por que hai demasiada xente que son criminais. Creo que é unha visión demasiado cínica da sociedade.

Logo Hang the DJ, aínda que volve a terminar cunha nota positiva como o primeiro, é como lin a alguén en Twitter: Remata sendo un anuncio de perfumes. Algo chamando a rebelión en abstracto contra o modelo clásico de relación afectuosa, que na era de Internet parece ter deixado de funcionar, pero é que non parece propoñer a alternativa, quedase nun comentario conciso.

Cabeza de metal parece ter descolado a moitos dos seguidores da serie e a verdade é que sendo un moi bo capítulo, non sorprende. A enfrontación máquina vs home é un dos medos máis comúns das sociedades posmodernas, un mundo onde as máquinas fagan tanto que a propia raza humana poda considerarse prescindible. Este capítulo plantexa un mundo onde esa batalla non só se librou, se non que as máquinas gañaron e a fotografía en branco e negro non é un capricho estético, se non que responde a que xa non hai esperanza de ningún tipo. Unha visión apocalíptica dunha sociedade que segundo algúns, vai demasiado rápido e sen freos cara a súa propia destrución.

Finalmente, Black Museum compite seriamente no podio por ser o mellor capítulo da tempada. Que o fai tan especial? Que é un comentario sobre a propia serie. A trama non só presenta que a maioría de feitos de todos os anteriores capítulos transcorren nun universo común, case como chamando a atención sobre como Marvel, Star Wars e demáis franquicias multimillonarias decidiron abordar as súas sagas, se non que critica a propia Black Mirror. Moitos seguidores da serie esperan cada capítulo por ver de que forma retorcida torturan esta vez os seus personaxes, como lles fan pagar o seu merecido por abusar do seu poder e guiándonos por un museo que en realidade é un hall da propia serie, fálanos disto. Todas as subtramas presentadas no episodio poderían servir perfectamente para capítulos aparte, pero se quedan como elementos dun museo para que contemplemos na distancia e razoemos sobre o que lle pedimos a serie.

Pese a que comecei negativo, non se me ocorrería dicir que Black Mirror é unha mala serie, nin tan sequera unha mediocre. Hai moitos anos, cando vin O himno nacional, o primeiro episodio, quedeime un rato pensando no que acababa de ver, por que non me podía crer o bo que fora, era algo distinto e fresco. Creo que se a serie deixoume de sorprender tanto como nas súas dúas primeiras tempadas é por que esa frescura xa se perdeu. Como Black Museum fala, xa sei máis ou menos por onde van ir os tiros unha vez se nos presenta o mundo de cada capítulo. Por iso por leve que sexa, agradezo este cambio de mentalidade nesta cuarta tempada, que aínda irregular, segue mantendo a serie como unha das máis destacables dos nosos días.

Black Mirror (Tempada 4)


Director
: Toby Haynes, Jodie Foster, John Hillcoat, Tim Van Patten, David Slade, Colm McCarthy
Música: Daniel Pemberton, Mark Isham, Atticus Ross, Leopold Ross, Claudia Sarne, Krzysztof Penderecki, Cristobal Tapia de Veer
Guión: Charlie Brooker, William Bridges
Fotografía: Stephan Pehrsson, Ed Wild, Lol Crawley, Stuart Bentley, Aaron Morton, Peter Robertson
Ano: 2017
País: Estados Unidos

Netflix | House of Tomorrow | Babieka