Astiberri publicará a reedición de Cuaderno de Tormentas, de David Rubín

Tal e como informaba o propio David Rubín nas súas redes sociais, Cuaderno de Tormentas acaba de entrar a imprenta de novo para a súa reedición gracias a Astiberri, recibindo o nome de Cuaderno de tormentas. Crónicas de los deambulares por Ciudad Espanto. Sairá á venda este 22 de febreiro. Entre os cambios, ademais da portada, atoparemos un deseño novo, así como unha nova rotulación e novas cores de todos os textos, que tamén foron revisados. Por se fose pouco, incluirá máis de 20 páxinas con extras tal que curiosidades e bosquexos e una historieta corta.

Cuaderno de Tormentas editouse por primeira vez en 2008, baixo o selo de Planeta de Agostini, polo que se gañou o nomeamento a mellor debuxo no 27 Salón do Cómic de Barcelona. A mediados de decembro, confirmaba no seu perfil de Facebook que varias editoriais galegas puxéranse en contacto con el para publicala no idioma do país. A súa primeira obra longa, El Circo del Desaliento, foi publicada tamén por Astiberri. En galego, a obra de este ourensá conta con obras coma Onde ninguén pode chegar, que publicou Lea en 2006, ou Uxío Novoneyra, a voz herdada, en colaboración con Kike Benlloch.

 

David Rubín