por | Xan 16, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Pronto estará connosco o novo de Migos: Culture II

A ninguén lle parece raro xa a estas alturas o nome de Migos. Non por nada, saltaron á fama mundial grazas ao seu single Bad and Boujee durante o ano 2016, e dende entón non deixaron de aparecer contínuamente nas radios e programas musicais máis coñecidos. Durante o ano pasado, de feito, lanzaron ao mercado o seu segundo longo, Culture (2017).

Agora, e tras as boas críticas conseguidas, ofrecen a continuación un só ano despois: Culture 2. Este terceiro álbum sairá á venda o 26 de xaneiro, baixo o selo discográfico Quality Control Music, e contará inicialmente con producións de Cubeatz, DJ Durel, Murda Beatz e Pharrell Williams, o que supón un gran cambio, xa que só Murda Beatz figura como produtor no seu anterior traballo, no tema Get Right Witcha.

Migos