Select Page

por | Xan 16, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Xoel López, Nunatak e David Kano DJ novas confirmacións do FIV de Vilalba

O Festival Internacional de Vilalba, máis coñecido por todos polas siglas FIV, anunciou hoxe que Xoel López estará presentando seu novo disco Sueños y Pan no festival xunto a outros nomes que tamén se suma ao cartaz como Nunatak e David Kano DJ. Entre as confirmacións que xa se atopaban previamente anunciadas polo festival atopamos bandas como Lori Meyers, Novedades Carminha ou La Habitación Roja entre outros.

A edición do 2018 do Festival Internacional de Vilalba celebrarase entre os días 27 e 28 de abril na localidade lucense. Os abonos xa se atopan á venda na web de festival.