Igloo – Aquellos Maravillosos Daños

24/11/17 • Ernie Records

por | Xan 16, 2018 | Discos | 0 Comentarios

Aquellos Maravillosos Daños é a última proposta da xa consolidada banda Igloo. Un disco no que ao longo de 11 cancións os pontevedreses ofrecen a súa cara máis próxima ao pop-rock e o indie. O comezo coa canción Prisma fai recordar por momentos as atmosferas intrigantes de Ø4. El Conjunto Vacío (2013), sen embargo o ton deste disco cambia notablemente nos seguintes cortes con cancións que buscan moito máis a accesibilidade rápida, as melodías de voz destacando por enriba de toda a instrumentación.

Certas cancións como G7 ou Ruleta Rusa acércanse á enerxía de lanzamentos previos como podería ser o caso especialmente de ∞3 (2011), mentres que outras cancións como Bloguers de Sofá saben combinar a sensibilidade pop con unha interpretación cargada de intensidade e unha letra marcada pola recitación constante de nomes de festivais e salas de concertos ao longo de toda a Península

Sen embargo ao longo da maior parte dos 49 minutos que dura Aquellos Maravillosos Daños, o son que nos plantexan Igloo recorda demasiado á música realizada por outras tantas bandas indie tanto a nivel estatal como internacional.

A execución por parte dos pontevedreses de estes temas de pop-rock e a produción son correctas en todo momento, mais bótase en falta algún elemento diferenzador que nos anime a voltar a este disco algunha vez máis unha vez rematada a primeira escoita.

Igloo