por | Xan 15, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Riot Propaganda despídense: “Nos vemos en los piquetes…”

O grupo de rapcore político fundado no 2013 polos raperos valencianos Los Chikos de Maíz (que tamén se separou o ano pasado tras deixarnos antes con Trap Mirror), a banda madrileña de hardcore-punk Habeas Corpus e o DJ Plan B despídense hoxe nun chío e na súa nova canción Mass Mierda coa frase “Riot Propaganda termina y no tiene relevo. Nos vemos en los piquetes…

Nestes case 5 anos de traxectoria publicaron dous discos: no 2013 o EP homonimo Riot Propaganda co cancións tan memorables como El peso del tiempo ou El miedo va a cambiar de bando sendo reflexo do espírito do 15M, expresando a necesidade dun cambio no orde político cara esquerda. No pasado 2017 sairía a luz o álbum Agenda Oculta, co mesmo espírito reivindicativo co foco posto en dar solución os problemas das clases populares dun xeito inmediato, xa sexa mediante a vía política institucional ou a loita na rúa. De toda a súa traxectoria tamén podemos destacar as constantes alusión a referentes comunistas. Estamos convencidas de que moi poucas van ser capaces de politizar a dor da mesma forma ca eles.

Riot Propaganda