por | Xan 15, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

O synthpunk de Serpiente chega esta fin de semana a Galicia

A finais do ano pasado, Serpiente publicaba o seu EP homónimo baixo a supervisión de Aingeru Malaxetxebarria e a masterización de Mike Mariconda. Sen máis preámbulos, lanzáronse a presentalo pola península, e toca o turno de Galicia. Estarán este xoves 18 no Bar Embora de Santiago de Compostela dende as 22:00 e o venres 19 a partir das 21:30 na Fábrica de Chocolate de Vigo, acompañadas de Babykatze, grupo local.

Serpiente, no seu bandcamp presentado como S.E.R.P.I.E.N.T.E, son Ana, Beatriz i Elena, e o grupo foi formado en 2015 en Bilbao.

Foto que acompaña ao artigo: Helena Goñi.

Serpiente