Select Page

por | Xan 15, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Morre Dolores O’Riordan, cantante de The Cranberries

Acabamos de coñecer a triste noticia de que Dolores O’ Riordan, a líder da banda irlandesa The Cranberries faleceu de maneira repentina o día de hoxe aos 46 anos, según informou a BBC. Segundo un comunicado do seu publicista ela estaba “en Londres para unha breve sesión de grabación”. Aínda non se coñecen as causas do falecemento.

The Cranberries foi unha recoñecida banda de rock formada no ano 89, seu primeiro disco Everybody Else Is Doing It, So Why Can’t We? foi lanzado en 1993, máis sería en 1994 cando o grupo irlandés logrou deixar a súa pegada na cultura popular coa exitosa canción Zombie.