por | Xan 15, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Lory Money está de volta con “Independent (Gucci Gang Remix)”, un temazo sobre o procés catalán

Despois de 10 meses sen subir nada á súa conta de Youtube, Lory Money regresou por todo o alto. En só minuto e quince segundos, Lory Money transfórmase en Lory Puigdemoney, pasea cun tigre ou unha botella de Freixenet, e deixa frases tan importantes e gloriosas como “Me ha votao’ mucha gent/lo siento Rajoy man” ou a que sen dúbida é a mellor de todo o tema: “España me ataca/Pues toma pantumaca madafaka”. A canción remata cun increíble xogo de palabras entre praw e procés.

Lory Money saltou á fama en 2011 con Santa Claus. Dende entón, esta mestura entre meme e rapeiro cunhas bases que son a envexa de máis dun que se toma en serio no panorama non deixou de sacar éxitos como Relaxing Cup of Cafe con Leche, Ola K Ase ou Pa Ke Kieres Saber Eso.

Lory Money